Os Bombeiros extinguiron un incendio que afectou a un piso en Ferrol

1 minutes read

Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Ferrol desprazáronse a San Pablo para sufocar un incendio declarado nun piso.

Segundo indicaron varias persoas particulares aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, saía fume pola fiestra dun piso e podía haber persoas atrapadas no interior.

Con estes datos, axiña, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ferrol e dos axentes da Policía Nacional e Local.

Tras rematar a súa intervención, os Bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que ningunha persoa estaba no interior do piso e indicaron tamén que a vivenda ardera por completo.