Os bombeiros liberan a un motorista ferido en Vimianzo | Un menor evacuado en Cabana tras caer dun terceiro piso

Non houbo máis vehículos implicados. O accidente ocorreu un cuarto de hora despois das tres da tarde. Segundo a persoa que alertou ao 112 Galicia, un home sufrira unha caída de moto no quilómetro 66 da AC-552, quedando atrapado por un pé.

Con isto, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vimianzo.

Foi necesario que os bombeiros cortasen o guiador da moto para poder acceder ao ferido, que sería atendido polo persoal sanitario e logo trasladado ao hospital.

Evacuado un menor en helicóptero en Cabana

O 112 tamén informaba na tarde deste venres dun suceso acontecido en Cabana de Bergantiños pasadas as 17:00 horas. Un menor de 14 anos pricipitábase ao baleiro desde un terceiro andar, caendo no patio de luces dun edificio situado en As Grelas, no centro de Cabana.

Ao punto acudiron a Policía Local, a Garda Civil e os servizos médicos que evacuaron ao menor a bordo do helicóptero do 112 que se trasladaba de urxencia ao lugar. As forzas da orde investigan as causas deste suceso, que polo momento non transcenderon.

Related posts

O PSOE de Malpica denuncia que o Centro de Día de Buño continúa pechado tras tres anos cas obras rematadas

Novo mural de Joseba Muruzábal, coñecido artisticamente como Yoseba MP, na fachada dun edificio da Laracha

Malpica, concello pioneiro na implantación do sistema ‘Praia Pallet’ para a recollida de lixo mariño