Os bombeiros liberan a unha persoa atrapada nun coche tras envorcar en Mazaricos

Unha vez fóra do coche, a persoa foi atendida e evacuada ao hospital. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse pasadas as once da mañá deste luns na AC-400, entre os quilómetros 81 e 82, na parroquia de Coiro, en Mazaricos.

Nese punto, un turismo saíuse da vía e envorcou de maneira que o único ocupante quedou atrapado no interior. Para poder ser liberado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Santa Comba e dos membros do GES de Muros. Bastou a actuación dos primeiros para rescatar ao condutor, que recibiu os primeiros coidados por parte dunha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 antes do seu traslado.

Ademais, neste operativo contouse coa colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico, así como dos equipos de limpeza e mantemento da vía, neste caso da Axencia Galega de Infraestruturas, debido aos restos de aceite e do vehículo que quedaron na vía. Tamén participaron voluntarios de Protección Civil da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha