O ferido foi evacuado ao Hospital da Coruña debido ás lesións ocasionadas polo accidente de tractor no que se viu implicado.
O 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que solicitaba medios de rescate para o condutor dun tractor que quedou debaixo da máquina logo de sufrir un accidente nunha leira en Maques.
Con esta información, o persoal do 112 avisou aos Bombeiros de Betanzos e aos membros do GES de Curtis quen colaboraron para liberar ao ferido. Deste xeito, facilitaron o acceso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para, unha vez proporcionados os primeiros coidados, evacuar o ferido ao hospital. A persoa ía consciente.
Cómpre indicar que os medios sanitarios reforzáronse coa mobilización dunha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago.