25
Os bombeiros do parque de Cee, a requirimento do 112 Emerxencias Galicia, accederon ao domicilio situado no lugar de Estorde a través dunha xanela que estaba aberta, unha vez dentro abriron a porta que estaba pechada e coa chave posta. Nunha estancia do interior da vivenda atopábase tendido no chan e falecido o morador que residía coa súa esposa, esta atopábase noutra dependencia aparentemente en bo estado. Ao lugar desprazouse unha patrulla da Garda Civil que instruíu as correspondentes dilixencias ao ser determinado o falecemento como morte xudicial. En principio todo apunta a que se tratou dunha morte natural, pero en todo caso, a autopsia determinará as causas exactas da súa morte.