Os Bombeiros tumban a porta dunha casa en Malpica para auxiliar a catro persoas

1 minutes read

Todo sucedeu ás seis da mañá deste sábado no domicilio dunha familia situado na Rúa do Tío Paz, segundo informaba un familiar que contactou co 112 Galicia, unha das afectadas púxose en contacto con ela para informarlle do malestar da súa familia e para solicitarlle asistencia sanitaria.

Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia, informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Bergantiños, os cales tiveron que forzar a porta para acceder ao domicilio, aos membros do GES de Ponteceso, á Garda Civil e a Protección Civil de Malpica.

Con todo, a familia de catro membros presentaba un cadro médico compatible cunha intoxicación por monóxido de carbono, polo que foron trasladadas ao Hospital Universitario de A Coruña e ao Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera.