Os bos datos do coronavirus en Bergantiños non permiten aliviar as restricións

Reunión entre la Consellería de Sanidade y alcaldes de la comarca de Bergantiños_Ayuntamiento de Carballo

  • Os posibles cambios terán que agardar ás reunións do subcomité e comité de expertos da Xunta que se celebrarán este venres

Os alcaldes e alcaldesas dos concellos de Bergantiños, Soneira e Fisterra con restricións de mobilidade mantiveron este mércores un novo encontro telemático con responsables da Consellería de Sanidade. Destacaron a “boa evolución” dos datos tanto en Bergantiños coma no concello de Vimianzo, aínda que non tanto no perímetro formado por Muxía, Dumbría e Cee.

Sen embargo, os bos datos non van acompañados de cambios. Este venres volverán a reunirse o subcomité e comité de expertos para volver a facer unha valoración da situación. En Carballo é probable que haxa que agardar ao martes para saber se se adopta algún xa que “antes de levantar restricións debemos ter certa seguridade de que non imos ter que volver a poñelas unha semana máis tarde”, indicaron as autoridades sanitarias.

Neste sentido, dende a Consellería de Sanidade insistiron especialmente na necesidade de adoptar todas as medidas de prevención nas xuntanzas familiares, que constitúen, segundo dixeron, “o primeiro foco de contaxio» sendo o segundo a «hostalaría”. Por iso aludiron á necesidade de reforzar os controis.

Nesa dirección, Sanidade ten previsto realizar un cribado especial nos sectores hostaleiro e hoteleiro no que participarán “entre 40.000 e 45.000 persoas en toda Galicia”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha