O pasado sábado unhas 20.000 persoas manifestáronse en Londres para pedir aos líderes políticos que emprendan outra complexa e moi polémica vía de negociación con Bruxelas.Ao redor do 62% dos británicos cre que o Brexit é un fracaso, segundo a empresa británica de sondaxes YouGov.
A economía británica viuse afectada polo Brexit; en concreto, os prezos subiron un 25% desde xaneiro do 2021 ata marzo deste ano, xa que se engadiron 6.950 millóns de libras (8.000 millóns de euros) aos custos dos alimentos, como consecuencia das barreiras comerciais adicionais derivadas da saída do mercado único.
Segundo o informe da London School of Economics, o impacto notárono máis os máis pobres da sociedade, que gastan moito máis dos seus ingresos en alimentación. Ademais, os investigadores do Centro para a Reforma Europea estiman que o investimento empresarial foi un 23% menor do que sería en 2020/21 debido ao Brexit.
“A metade das familias con baixos ingresos no Reino Unido sáltanse comidas para alimentar aos seus fillos. Non podemos permitirnos o Brexit se non podemos permitirnos comida, non podemos permitirnos o Brexit”, asegurou o activista prol-UE Femi Oluwole.