Os campos de fútbol de Xaviña e Pedra Queimada en Malpica xa dispoñen de desfibriladores


O alcalde, Walter Pardo, e o concelleiro de Deportes, Daniel García Reixía, entregáronllos a representantes dos equipos que utilizan estas dúas instalacións municipais. Ademais da entrega os equipos, o Concello de Malpica ofreceu hai uns meses a representantes dos catro clubs do municipio _Malpica SCD, Buño SCD, Unión Deportiva Cerqueda e Sporting Seaia CF_ a formación precisa para poder manexar estos aparellos, que melloran a seguridade dos/as deportistas e dos/as usuarios/as dos campos de fútbol.