0
Os sete candidatos ás autonómicas e municipais do 28 de maio de Eh-Bildu que foron condenados por asasinatos da banda terrorista ETA renunciaron a concorrer a estes comicios e, a pesar de que as listas electorais están pechadas e as papeletas cos seus nomes enviadas, din que non tomarán posesión de ningún cargo se resultan elixidos. Sobre os seus casos particulares, os sete aseguran que non negan a súa “militancia do pasado nin a responsabilidade” que asumen respecto aos actos polos que foron condenados. E destacan que participaron “desde o inicio” no “cambio de estratexia da esquerda abertzale producido fai xa máis dunha década” e que apostan de forma “inequívoca” polas “vías exclusivamente políticas e democráticas”.