- Segundo a ordenanza municipal, os cans non poderán permanecer nas praias durante o período estival
Así o comunicou a asociación coruñesa Somos Pet Friendly despois de recibir desde o Concello da Coruña unha rectificación sobre a situación dos cans durante a desescalada.
Segundo a asociación, hai uns días o gabinete de prensa do Concello confirmáralles que excepcionalmente os cans poderían ir á praia durante todo o estado de alarma, pero este pasado luns rectificaron.
Desde a Concellería de Medio Ambiente rectifican e aseguran que se debe cumprir a ordenanza municipal que di no seu artigo 7 que «se prohibe a circulación ou permanencia de cans e outros animais nas praias no período estival, entendéndose este período o comprendido entre o 1 de xuño ao 30 de setembro». Sentimos moito a confusión e pedímosvos desculpas por este cruzamento de información.
Por tanto, os cans non poderán volver pisar os areais coruñeses ata o 1 de outubro.