Os carburantes encadean doce semanas á alza

Gasolineira Santa Lucía_Grupo Roig

O prezo medio dos carburantes proseguiu coa súa escalada imparable á alza e encadeou a súa duodécima semana consecutiva de subidas, co que acumula un encarecemento de ata o 17% desde o arranque do verán. A gasolina volveu a encarecerse na última semana un 0,5% máis ata venderse a unha media de 1,76 euros o litro, co que desde o fin dos descontos o seu prezo subiu un 9%, segundo os últimos datos do Boletín Petroleiro da Unión Europea. Pola súa banda, o prezo do gasóleo incrementouse un 0,2% ata venderse a unha media de 1,686 euros. Con estes prezos, encher un depósito medio de 55 litros custa na última semana case 97 euros se se opta pola gasolina e case 93 euros no caso do gasóleo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha