A Xunta alega como motivo a «precaución» para incluír o peche dos centros de día nas medidas para conter os contaxios da COVID-19 na área sanitaria da Coruña e Cee. Case un mes despois de reabrir, estes centros de atención ás persoas maiores, que ademais contribúen á conciliación das familias, volven quedar parados durante un mínimo de cinco días e ata novo aviso da Xunta de Galicia. Desde a Plataforma de Centros de Día de Galicia critican esta medida, afirmando que Galicia é o único territorio que non considera «esenciais» os centros de día e salientan que non se produciu ningún caso positivo de Covid-19 neles para telos pechados, e aseguran que os usuarios/as «posiblemente non estean máis protexidos, nin mellor, nas súas casas».
Os centros de día da área da Coruña ven «discriminatorio» ter que pechar
Residencia Domusvi de Vimianzo