Os Centros de Formación para o Emprego de Santiago, Ames, Melide e Negreira formarán a 425 persoas


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou aos alumnos e docentes do centro de formación de Santiago (U.A.F), que depende da Consellería de Emprego e Igualdade. Concretamente, tivo a oportunidade de asistir a apertura do curso de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas que formará a 15 alumnos cunha achega da Xunta de 27.000 euros.

Nesta instalación estanse a desenvolver 15 cursos nos que se están a formar 225 alumnos que contan cun investimento da Xunta de máis de 357.000 euros

A Xunta de Galicia dispón na área de Santiago doutros tres centros en Ames, Melide e Negreira. Entre os catro ofrecen 435 prazas de formación para desempregados en 28 cursos diferentes, o que supón un investimento da Consellería de Emprego e Igualdade de máis de 575.000 euros.

Trenor destacou que á hora de programar a formación que se imparte nestes centros a Xunta de Galicia ten moi en conta “as necesidades do tecido produtivo de cada unha das zonas, co fin de adaptar os perfís profesionais do alumnado ás demandas actuais das empresas”. Por iso, os cursos que se imparten nestes centros abranguen áreas como xardinería, estética, informática, carpintería, atención sociosanitaria ou cociña.