Os centros de maiores de Galicia converteranse en residencias intelixentes coa posta en marcha dun proxecto piloto e pioneiro a nivel nacional que aplicará avances tecnolóxicos no benestar dos usuarios. “Seremos a primeira comunidade cun servizo sociosanitario con tecnoloxía intelixente e integrada na información sanitaria”, precisou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñando que o obxectivo é que no 2022 todas as residencias públicas autonómicas galegas conten con este servizo que facilitará o traballo dos coidadores e a atención sanitaria. Por outra banda, os maiores poderán multiplicar as súas posibilidades de lecer grazas á instalación de monitores intelixentes que lles permitirán, por exemplo, facer terapias ou contactar coas súas familias sen saír da habitación. Ademais, tanto residentes como familiares estarán en todo momento informados da actividade da residencia, a través da instalación dun panel informativo no vestíbulo.
49
