Os centros de saúde de Carballo e Ponteceso mellorarán a súa eficiencia enerxética

1 minutes read

Así o sinalaron os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ambos impulsan un acordo marco para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables nun total de 28 centros de saúde da Comunidade que permitirán mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e importantes aforros nas súas facturas enerxéticas. Na área sanitaria da Coruña serán o centro de Ponteceso e o PAC de Carballo os que se verán beneficiados por esta iniciativa. Este acordo enmárcase nos proxectos de enerxías renovables que a Xunta está impulsando en edificios da administración pública autonómica, como xa se fixo coa sinatura doutros acordos marco coas Consellerías de Educación, de Política Social ou de Turismo dentro dunha aposta decidida por fomentar un cambio cultural no que se prioricen tanto o uso das enerxías renovables como actuacións e hábitos tendentes ao aforro enerxético.