Os centros de saúde priorizarán a atención telefónica

0 minutes read

A volta á normalidade nos centros de saúde, coma en todo o demais, tamén será progresiva, de momento, para controlar a afluencia nos centros de saúde, seguirase priorizando a atención telefónica e asistencia domiciliaria, pero xa haberá consultas presenciais. Os pacientes con sintomatoloxía respiratoria, seguirán un circuíto diferente, para evitar contactos de risco. O plan tamén promove a realización de tests ante calquera sospeita do médico de familia.