27
Este xoves comezan as clases de Educación Infantil e Primaria e co fin de que se inicien nas mellores condicións posible o Concello de Zas vén de acometer unha serie de melloras nos centros educativos do municipio. Os traballos que se levaron a cabo estes días no CPI de Zas e no CEIP Labarta Pose consistiron principalmente no acondicionamento dos edificios escolares, na reparación dos equipamentos e no adecentamento das zonas exteriores. Os traballos tamén incluíron a reparación da pérgola exterior da Escola Infantil de Zas. Deste xeito o Concello informa que xa está todo a punto para o inicio do novo curso.
