Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada este xoves acordouse adxudicar o contrato de xestión dos centros sociais da terceira idade da Laracha, Paiosaco e Caión, que tamén inclúe o control de acceso e a limpeza das instalacións municipais nas que se sitúan (edificio de servizos múltiples, centro sociocultural e antiga reitoral, respectivamente).
O Concello destinará a este servizo con fondos propios municipais 76.751,56 cada ano, polo que o valor do contrato, adxudicado por dous anos prorrogables por outros dous máis, ascende a máis de 300.000 euros.
Nos próximos días formalizarase o contrato coa nova empresa adxudicataria como trámite previo á reapertura das instalacións prevista para mediados de setembro.
Os centros sociais da terceira idade son instalacións municipais que o Concello ofrece ás persoas maiores para que poidan desfrutar dun punto de encontro pensado para ese colectivo que conta con cafetería con prezos bonificados. Os obxectivos esenciais son fomentar o envellecemento activo e evitar a exclusión social.
37