Os centros Virxe da Barca de Muxía e Xesús San Luís Romero de Carballo, premios Innovagal

2 minutes read

A Xunta de Galicia recoñeceu o traballo de oito centros educativos na terceira edición dos premios Innovagal, que avalan o compromiso dos colexios e institutos coas boas prácticas en innovación educativa. O obxectivo é impulsar o desenvolvemento deste tipo de iniciativas e crear unha rede de colaboración entre os centros que fomenten a formación continua do profesorado. Así mesmo, búscase promover o papel da comunidade educativa e da innovación neste eido como motor de transformación social. Entre os centros galardoados na categoría A, correspondente a Infantil, Primaria, Educación especial e aos o colexios rurais agrupados está co terceiro premio o colexio CEIP Virxe da Barca de Muxía. Pola súa banda o CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo recibíu o accésit.

O proxecto do colexio CEIP Virxe da Barca de Muxía toma o centro como unha microsociedade transformadora na que todo o alumnado se ten que sentir incluído. Para conseguilo, reformulan a forma de traballar rompendo a inercia de aplicar metodoloxías mais tradicionais para iniciarse nunha metodoloxía activa e dinámica. Este cambio fomenta a autonomía e pensamento diverxente do alumnado e ten unha repercusión positiva na contorna favorecendo a participación das familias e do barrio. Entre outras iniciativas (laboratorios creativos, patios activos…), desenvolven o proxecto Cretectura de innovación educativa pedagóxica a través da creación de espazos de aprendizaxe, que mesturan as artes e a pedagoxía para dar resposta a diversidade do alumnado.

O colexio CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo considera que o traballo en equipo e a formación do profesorado é o camiño necesario para emprender un cambio no centro, entendendo que a Innovación trae consigo a igualdade de oportunidades, a inclusión, a igualdade de xénero e a superación de prexuízos. Para acadar estes obxectivos, o centro participa en numerosos programas que fomentan o traballo por proxectos a través de Plan Proxecta, o emprendemento dentro do programa Lanzadeiras-miniempresas, a educación emocional empregando distintos contratos-programa e a competencia dixital, a través de Digicraft.

 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?