Os chips de Neuralink permiten a un mono xogar ao Pong coa súa mente


A empresa de Elon Musk enfocada ao desenvolvemento de interfaces cerebro-computadora explica os seus avances nun novo vídeo onde se pode ver a Pager, un mono xogando ao Pong a través dun chip implantado no seu cerebro. Neuralink é unha máis das moitas empresas creadas por Elon Musk que busca ser pioneira na creación dun futuro máis tecnolóxico. Os seus investigadores expertos en neurotecnoloxía traballan para conectar o cerebro humano con calquera dispositivo tecnolóxico. Pero primeiro están a experimentar con animais como Pager, un macaco de 9 anos. Para manter a concentración de Pager na máquina, prémiaselle cun batido de plátano fornecido por un tubo que sempre mantén na boca. O narrador fai fincapé na marca sen pelame que se aprecia na súa cabeza onde se implantou o chip de Neuralink hai 6 semanas.