Os ‘Coidados porta a porta’ chegarán a Frades en Agosto

'Coidados porta a porta'_Xunta de Galicia

O Concello de Frades anunciou que o programa autonómico «Coidados porta a porta», que achega servizos asistenciais ás persoas maiores do rural, volverá o vindeiro agosto á localidade. O xoves 10 estará en Pontecarreira, así como o venres 11 e mais o luns 21. Ofrece servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Cómpre pedir cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992, ou escribindo a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha