Os comercios de Laxe vístense de gala polo Nadal no III Certame de Escaparates

1 minutes read

O Concello de Laxe pon en marcha o Certame de Escaparates de Nadal, que xa vai pola súa terceira edición. O obxecto deste concurso é o de valorar, recoñecer e premiar a mellor decoración dos escaparates dos comercios e dos locais da hostalaría que desexen participar.

O xurado estará composto pola veciñanza, que poderá votar a través da conta de Facebook do Concello e a través do servizo municipal de mensaxería de WhatsApp “Novas Laxe”. Cada persoa poderá emitir dous votos durante o período de votacións.

As inscricións poden formalizarse na Casa do Concello ata o 22 de decembro. Xunto coa folla de inscrición, cada establecemento deberá remitir ao Concello un máximo de dúas fotografías da decoración coa que desexe participar.

As votacións realizaranse a partir da publicación das imaxes, o día 26 de decembro, ata as 12 horas do 8 de xaneiro de 2024. A resolución do certame, a entrega de diplomas e o agasallo conmemorativo ao local que máis votos reciba realizarase o 12 de xaneiro de 2024.

Desde o Concello de Laxe animan a todos os establecementos comerciais e hostaleiros do municipio a participar nesta campaña, conseguindo un espírito e unha imaxe de Nadal en toda a vila.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?