En concreto, estas achegas autonómicas están destinadas a financiar a contratación de persoal, ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico e á posta en marcha de programas de inclusión.
A partida máis importante deste Plan Concertado irá destinada á contratación de persoal. En concreto, cofinanciase a contratación de 32 profesionais entre traballadores sociais, educadores sociais, auxiliares administrativos e outras categorías que forman parte dos servizos sociais comunitarios, grazas a unha axuda de 541.000 euros nos 16 concellos desta área.
O Plan Concertado serve para a apoiar ás corporacións municipais no desenvolvemento de programas de inclusión e o mantemento de centros de emerxencia social, así como para a posta en marcha de programas de inclusión. Este ano, destínase a este cometido nos concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte un total de 107.935 euros.
Por último, a través deste plan a Xunta renova o seu financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico, ao que destina 10.466 euros para aquelas persoas que requiren especial atención.