Do 1 ao 6 de agosto de 2023, Lisboa acollerá a Xornada Mundial da Mocidade (JMJ Lisboa 2023), o encontro do Papa con mozos de todo o mundo. Extremar as precaucións nas fronteiras preocupa os portugueses e galegos próximos os lindes.
Os pasos de Tui e Valença rexistran o cincuenta por cento de todo o tráfico da fronteira entre España e Portugal. Aquí preocupa, e moito, a repercusión das medidas excepcionais de seguridade durante a visita do papa.
Queren evitar o escenario da anterior visita do pontífice hai seis anos, que afectou a máis de 20.000 galegos, ou as restricións en plena pandemia con longas ringleiras de vehículos. Reclaman que se manteñan abertos o maior número de pasos posible.
Temen a repercusión entre os veciños, os traballadores que acotío cruzan a fronteira e dos turistas coincidindo coa época de maior afluencia do ano. O norte de Portugal apela a medidas de seguridade pero sen barreiras.