Os concellos de menos de 5.000 habitantes terán axudas para obras de abastecemento e saneamento

En concreto serán axudas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, destinadas para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, que veñen de ser publicadas no Diario Oficial de Galicia por importe de 4 millóns de euros. O importe destas axudas terá un límite máximo de 50.000 euros por solicitude e cada concello poderá presentar dúas solicitudes, unha referida a actuacións en sistemas de abastecemento, e outra para actuacións en sistemas de saneamento e depuración. As subvencións distribuirase en dous grupos, o 50% do importe destinarase a obras executadas en sistemas de abastecemento e outro 50% restante a obras executadas en sistemas de saneamento e depuración. Os concellos interesados dispoñen dun mes de prazo para a presentación de solicitudes. Deberán presentala a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha