Os concellos de Vimianzo e Zas urxen unha reunión coa Xunta sobre a ponte de Baio

1 minutes read

A alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño, veñen de solicitar unha reunión con carácter urxente co Director da Axencia Galega de Infraestructuras, Francisco Menéndez, para analizar o estado das obras da ponte de Baio e abordar a posibilidade da apertura dun carril para a circulación de vehículos. Ambos trasladaranlle as queixas da veciñanza polo retraso da primeira fase das obras, que conleva o peche total da circulación de turismos. Os rexedores de Zas e Vimianzo propoñerán a posibilidade de atopar outras formulas alternativas o peche total da ponte, dado que esta situación ten un forte impacto na mobilidade, pero sobre todo, na economía dos dous concellos, principalmente nos comercios situados en Baio e na Piroga.