Os concellos pídenlle ao Goberno autorización para gastar 5.000 millóns de superávit

0 minutes read

A Federación Española de Municipios e Provincias pídelle ao Goberno en funcións permiso para gastar o superávit de 2019. O presidente do organismo, Abel Caballero, solicitou unha xuntanza urxente coa ministra de Facenda en funcións, María Jesús Montero, para que os autorice a reinvestir os 5.000 millóns de euros que aforraron este ano os concellos. Caballero pídelle ao executivo que o faga a través dun decreto lei ante a previsión de que non haxa novos orzamentos do Estado antes de marzo.