Os concellos sen opción á conciliación poderán solicitar axudas para ter unha Casa Niño

A directora xeral de Familia, Amparo González, na casa niño de Piñor_Fonte: xunta.gal

  • Esta nova orde procura a creación de 115 novas prazas nestes centros

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a convocatoria de axudas para a posta en marcha dunha casas niño nos 23 concellos que non teñen ningunha opción para conciliar. Así o afirmou a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, na súa visita á casa niño de Piñor (Ourense).

Esta nova orde conta cun investimento de 2 millóns de euros para a creación de 115 novas prazas de casas niño, pequenos centros en concellos sen ningunha outra opción de conciliación. Con esta convocatoria extraordinaria, preténdese estender ao 100% dos municipios galegos este servizo.

Do importe total, 345.000 euros serán para obras de adecuación dos inmobles, 15.000 euros por cada un deles, 1,6 millóns para o funcionamento diario do servizo de casa niño e 19.600 euros anuais por cada casa.