Os concellos xa poden solicitar as axudas para implantar unidades de atención temperá


Está aberto o prazo para que os concellos ou agrupacións de municipios soliciten axudas para implantar unidades de atención temperá, dirixidas a nenos menores de 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou con risco de padecelos. O obxectivo é superar o medio centenar de unidades de atención temperá financiadas pola Administración autonómica e chegar aos 3.000 nenos atendidos. Para iso, o Goberno galego destina 12 M€ a unha liña de axudas para que os concellos ofrezan este tipo de atención nos seus municipios.