Os concertos do Xacobeo chegarán a 9 concellos coruñeses en xullo e agosto


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentou a programación de Concertos do Xacobeo, un evento que espallará música e espectáculo por toda a provincia con arredor de 70 artistas de primeiro nivel que chegarán a varios concellos da provincia con 16 eventos musicais para celebrar un Ano Santo extraordinario. No acto de presentación estivo acompañado por algúns dos principais promotores destes concertos e festivais que se atopan nestes momentos inmersos na organización dos mesmos  que chegarán ás cidades de Santiago e Coruña, e aos municipios de Fisterra, Ribeira, Ames, Arteixo, Padrón, Betanzos e Zas dentro dos eventos xa confirmados. Os interesados poderán consultar a programación na páxina web concertosdoxacobeo.gal, que se irá actualizando periodicamente. Tamén poderán facelo nas distintas páxinas web e redes dos festivais e ciclos dos concertos previstos.