Os consellos parroquiais de Carballo quedarán suspendidos durante a campaña electoral

0 minutes read

Durante a campaña das eleccións autonómicas do 18 de febreiro non se celebrarán consellos parroquiais, facilitando así a utilización dos centros sociais como locais electorais para as formacións políticas que poidan solicitar o seu uso na Xunta Electoral de Zona.

Deste xeito, o calendario previsto para este primeiro trimestre do ano experimenta algunhas variacións e queda do seguinte xeito:

  • 11 de xaneiro, Noicela-Rebordelos
  • 18 de xaneiro, Oza
  • 25 de xaneiro, Razo
  • 22 de febreiro, Rus
  • 29 de febreiro, Sísamo
  • 7 de marzo, Sofán
  • 14 de marzo, Verdillo
  • 21 de marzo, Vilela

En todos os casos, as xuntanzas comezarán ás 20.00 horas.