Os conxuntos de E.BM.Xiria actuan como locáis esta fin de semana


O Calvo Xiria recibe esta fin de semana (Sábado 20:00 h) no Vila De Noia ao Seis Do Nadal de Vigo.

Non se espera un partido plácido para os de Xiria, xa que o mozo conxunto olívico estivo apunto de arrebatarlle os dous puntos aos carballeses no partido de ida.

O Goldie Xiria recibe ao Bm Porriño este venres ás 21:30 no Ceip Fogar.

Xa na División De Honra de categorías base, o Laber Xiria recibirá ao Balonmán Lalín, o Sábado as 11:15 no Vila De Noia.

O Grupo Lemaco Xiria tamén se enfronta ao Lalín Carpintería Jar na décimo oitava xornada da división de honra cadete masculina. Será tamén o Sábado no Vila de Noia, neste caso ás 10:00.

Boa oportunidade de voltar a sumar dous puntos é a que terá o Garaysa Xiria infantil que recibe o Domingo as 12:00h no CEIP Fogar ao BM. Chapela.

Xa en feminino, o Punta del Este Xiria recibe na casa o Balonmán Cangas. O encontro terá lugar o domingo 24/02 no pavillón Fogar, Carballo as 10:30 da mañá.

Por último, a liga de BM5 en categoría benxamín e alevín, volta a Carballo cos seguintes horarios:

Liga Alevín Bm 5, Grupo Costa, x.7 (Sábado 23/02, pav. Ceip Fogar, Carballo):
– Camariñas A – Xiria Lista, 10:00
– Xiria Laber – Muxía, 10:45
 Xiria Telepizza Carballo – Camariñas B, 11:30
– Muxía – Xiria Grupo Lemaco, 12:15
– Xiria Laber – Xiria Garaysa, 13:00

Liga Benxamín Bm 5, Grupo Costa, x.7 (Sábado 23/02, pav. Ceip Fogar, Carballo):

– Camariñas A – Xiria Aislamientos San Juan, 10:00
– CP Lucense – Xiria Novo, 10:45
– Xiria TLM – Camariñas B, 11:30
– CP Lucense – Xiria Mr. Nutrición, 12:15