Os cortes polos incendios afectaron a 33.000 viaxeiros por tren ata o domingo, segundo Renfe

Máis de 115.000 hectáreas resultaron afectadas polo lume en Galicia, Castela e León e Estremadura. Castela e León é a rexión máis afectada, con 28 focos activos en Zamora, León, Salamanca e Ávila. En Galicia, permanecían este luns 14 incendios activos, con máis de 58.000 hectáreas queimadas só na provincia de Ourense. Outros focos mantéñense en Asturias e Estremadura. Nesta última, preocupa o incendio de Jarilla, con 11.000 hectáreas queimadas, así como outros sete focos activos. A directora xeral de Protección Civil, Virginia Barcones, indicou este luns nunha rolda de prensa que se solicitou  a activación do programa especial Copernicus para Galicia, Ourense e áreas de Castela e León, Asturias e Estremadura. Con este mecanismo poderanse obter imaxes deses territorios, co fin de monitorar coa súa visión o avance dos incendios e poder intervir con maior precisión. Así mesmo Barcones volveu a recalca que, ata o de agora, «todos os efectivos do Goberno de España estiveron e están ao dispor das comunidades autónomas».

Related posts

Un falecido logo de sufrir un atropelo en Verea | Un home tamén perdeu a vida tras un incendio en Aranga

Falece un operario tras caer por un terraplén coa máquina cargadora que manexaba en Vilamartín de Valdeorras

Un mozo de 22 anos mata supostamente a súa nai en Vilagarcía de Arousa e precipítase desde un terceiro piso