- Por tipoloxía, o ámbito que maior número de delitos rexistrou foi o de «ideoloxía» (596), seguido polo de «racismo/xenofobia» (515)
Os delitos e incidentes de odio aumentaron en España un 6,8 % en 2019 con respecto ao ano anterior. En concreto, as Forzas e Corpos de Seguridade rexistraron ao longo dese ano 1.706 feitos, fronte a 1.598 rexistrados en 2018.
Así se recolle no novo Informe da Evolución dos Delitos de Odio do Ministerio do Interior, un balance estatístico que se elabora anualmente e cuxo obxectivo é ser unha radiografía fiel deste fenómeno delituoso como punto de partida para unha mellor resposta na loita contra os delitos de odio.
Por tipoloxía, o ámbito que maior número de delitos rexistrou no ano 2019 foi o de «ideoloxía», ao contabilizarse 596, cun aumento porcentual dun 1,9% con respecto ao ano anterior.
Con todo, o delito de odio que máis aumentou foi o de «racismo/xenofobia», cun incremento do 20,9%, ao pasar de 426 en 2018 aos 515 en 2019. Ademais, este ano desagregouse do mesmo o novo ámbito «antixitanismo», con 14 delitos coñecidos.
Os outros dous ámbitos que máis aumentaron durante 2019 foron o de «orientación sexual e identidade de xénero», nun 8,6%, e o de «persoas con discapacidade», nun 4%.
Así, os delitos rexistrados, distribúense entre os seguintes ámbitos:
Ideoloxía: 596
Racismo/xenofobia: 515 Orientación sexual e identidade de xénero: 278 Discriminación por razón de sexo/xénero: 69
Crenzas ou prácticas relixiosas: 66 Persoas con discapacidade: 26 Antigitanismo: 14
Aporofobia: 12 Discriminación xeracional: 9
Discriminación por razón de enfermidade: 8
Antisemitismo: 5
Vítimas e autores
O balance tamén reflicte que a maioría das vítimas que sofren este tipo de delincuencia son homes (un 64%), e cunha idade comprendida entre os 26 a 40 anos (30,1%). Os menores de idade constitúen o 6,7% do conxunto das vítimas de «delitos de odio» en 2019, unha cifra similar á do ano 2018.
En canto a quen comete estes delitos, o perfil do responsable detido/investigado por «delitos de odio», indica que son principalmente homes (83%); a maioría teñen entre «18 e 40 anos» (54,7%) e son de nacionalidade española (84,7%).