41
Os deputados do Bloque Nacionalista Galego decidiron doar parte do seu salario correspondente ao mes de marzo a proxectos de investigación contra a pandemia do Covid-19. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deu conta desta iniciativa este sábado a través do seu perfil da rede social Twitter, na que destaca que os nacionalistas queren «achegar o seu gran de area» con esta iniciativa. Pontón asegura que se trata de «só un xesto», «unha pequena achega que para nada substitúe o papel que teñen que ter os gobernos». «Se algo aprendemos nestes días é que apoiar a ciencia e a investigación pública é clave se queremos estar mellor preparadas no futuro», indica.