Os edís díscolos de Ponteceso confían en que se retire a Carballido da alcaldía

Imaxe de arquivo dos díscolos de Ponteceso, co alcalde (4º pola dereita) Lois García Carballido

  • Destacan que o rexedor está xestionando mal o municipio e afectando aos intereses dos veciños

Os cinco edís díscolos do concello de Ponteceso agardan unha decisión final por parte da executiva do PSdG-PSOE para solucionar unha situación que afecta aos veciños da localide en materia de xestión. Miguel González, Raquel Fondo, Faustino Santiago, Ana Pérez e Salvador Eiroa destacan de forma unánime que «a soberbia non é boa conselleira», en referencia á actitude do rexedor de Ponteceso, Lois García Carballido.

Os díscolos levan meses loitando contra o alcalde, acusándoo dunha mala xestión; unha situación que calificaron varias veces de «esperpéntica». Pero tamén sinalaron á executiva provincial do PSOE, da que din é coñecedora desde o 2018 do comportamento do alcalde e das queixas contra el.

Despois de celebrar o pasado 26 de novembro un pleno extraordinario para tratar, entre outros, temas sobre gravacións con cámaras ocultas e que finalmente acabou coa expulsión de cadro edís, desde o grupo dos díscolos móstranse incrédulos ante a pasividade das administracións socialistas competentes. «Non queremos nin imaxinarnos o que tería que facer o señor alcalde para que se decidan a apartalo», en referencia a todas as queixas de despotismo e abuso de poder interpostas por parte da oposición e dos membros que anteriormente apoiaban a Carballido.

A gota que colmou o vaso no pleno extraordinario foi unha declaración pouco acertada do rexedor ante a ausencia por enfermidade dunha das díscolas, Raquel Fondo, destacando que esta lle debería de bicar os pés. Trátase, segundo os concelleiros en loita, doutra das mostras do pouco valor ético do alcalde, quen acabou pedindo perdón polas súas verbas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha