Os empresarios norirlandeses din non á guerra comercial pos-Brexit

A UE e o Reino Unido seguen atrapados nunhas conversacións pos-Brexit que, se non se resolven, poden conducir a unha guerra comercial. As empresas de Irlanda do Norte séntense atrapadas no medio desta batalla, e o sector agrario cre que en caso de guerra comercial, todos sairían perdendo.

Londres ameaza con suspender o Protocolo de Irlanda do Norte que permitiu evitar unha fronteira dura entre as dúas Irlandas. Argumenta que implica un exceso de burocracia para as empresas británicas. Pero en Bruxelas dinse dispostos a responder con sancións comerciais. E no medio desta tensión, moitas empresas de Irlanda do Norte afirman que a súa posición única representa unha gran oportunidade.

Bruxelas aceptou reducir a burocracia, pero négase a renunciar ao papel do Tribunal de Xustiza da Unión Europea como árbrito dos conflitos. Unha esixencia de Londres que non pasa na capital comunitaria. Mentres, as empresas de Irlanda do Norte seguen operando no medio dunha gran incerteza que lles impide proxectarse no longo prazo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha