Os encoros galegos superan a media da última década

Os datos metereolóxicos rexistrados este outono que xa rematou, presentan a evidencia da desigualdade de precipitacións según o territorio; tanto en Galicia como en España. Pontevedra está ao 88 por cento de auga acumulada de media nos seus encoros, fronte ao 61 de Ourense. Xa en clave nacional, este foi un outono seco, incluso moi seco en case toda España, mentres que en Galicia foi máis chuvioso do normal.

O encoro de Eiras este xoves botaba a auga para fóra. E é que Fornelos de Montes é o concello que rexistra as maiores precipitacións de toda Galicia. A maioría dos veciños están fartos de tanta auga. Pero non a todo o mundo lle senta mal porque moitos din que agora estamos no inverno e é o que toca, mellor agora que no verán.

Os datos de rexistros falan dun outono moi húmido en Galicia, pero non por igual en todos os territorios. No concello de Cervantes, en Lugo, ou mesmo no da Coruña as cifras distan moito das de Fornelos. Son os lugares onde menos choveu, aínda que moita xente non tivo esa sensación. Pontevedra foi a provincia onde máis choveu pero houbo concellos coma este de Fornelos de Montes que recolleron en 22 días de novembro case 600 litros por metro cadrado, mentres que en Lalín neses mesmos días non chegaron aos 200.

En xeral os encoros en Galicia están máis cheos que hai un ano e tamén por riba da media da última década. E todo apunta a que aínda queda auga para tempo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha