O 112 Emerxencias Galicia deu o aviso pasados uns minutos das catro da tarde deste mércores. Unha persoa sufrira unha caída dentro da súa vivenda situada na carballesa rúa Río Xallas e non era quen de abrir a porta. Unha vez dada a voz de alarma ao lugar trasladáronse de inmediato Protección Civil, a Policía Local, unha Ambulancia do 061 e os Bombeiros de Carballo. Estes últimos accederon á vivenda por unha xanela e foron capaces de evacuar á persoa ferida, que finalmente foi trasladada en ambulancia polos servizos sanitarios para recibir asistencia médica.