Este sábado 17 de Outubro os equipos de base de Basket Xiria darán un paso máis e voltarán á competición deportiva, con dous equipos que comezan a súa participación na fase de ascenso á liga galega.
Despois de moito tempo de inactividade sen competición e cando se cumpren seis semanas de adestramento, os equipos cadete feminino e junior masculino de Basket Xiria-ARTAI, disputarán os primeiros encontros desta fase de ascenso. O sábado ás 10:00 horas, na pista do Vila de Noia, as rapazas de George Alvez reciben ao Basquet Coruña, na primeira xornada do grupo, no que tamén está o Burela.
A continuación, ás 12:00 horas, o junior masculino adestrado por Basilio Pampin, recibe o Celtas de Foz, no primeiro partido dunha eliminatoria de ida e volta.
Os partidos deberán afrontarse cun estrito protocolo anti – covid, e ademais das habituais medidas de hixiene e desinfección, os xogadores e adestradores deberán xogar con máscara.
O club Xiria xunto co Concello de carballo está perfilando o protocolo de acceso ao recinto para o público, que deberá cumprir cunhas normas de acceso, de estancia e desaloxo, do que serán informados a través dá web do club e dás RRSS.