Os ERTE prorróganse ata o 31 de maio

Os ERTE seguirán cubrindo o 70% do salario, como mínimo, ata o 31 de maio. Seguirán tendo dereito a esa prestación mesmo os traballadores que aínda non cotizasen o mínimo legal.
Yolanda Díaz, ministra de Traballo, explicou que «a cláusula do mantemento do emprego permanece inalterables para todas as empresas que se acollan a un ERTE.
Tamén se van prorrogar nos mesmos termos que ata agora as axudas extraordinarias aos autónomos afectados pola pandemia. Nestes momentos hai máis de 755.000 traballadores acollidos a este mecanismo, segundo os datos da Seguridade Social, aínda que no pico da pandemia a cifra alcanzou os 3,4 millóns. A xuízo de Díaz, «a ferramenta está a funcionar ben», polo que a mensaxe é de «tranquilidade, aínda que quedan meses duros», e apuntou que esta nova prórroga supón un custo de máis de 5.000 millóns de euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha