- Yolanda Díaz sinalou que o pacto responde ao compromiso dos representantes das patronais e dos sindicatos do país
A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, referiuse ao acordo alcanzado entre o Goberno e os axentes sociais para prorrogar os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTEs) por forza maior ata o 30 de xuño e manter a protección por desemprego e a exoneración de cotas ás Seguridade Social.
Yolanda Díaz afirmou que o documento, que aprobará o Consello de Ministros proximamente, permite protexer a grandes e pequenas empresas, autónomos, traballadores e á economía do país nun momento moi delicado. Así mesmo, implica que «ninguén se vai a quedar atrás».
Ademais, sinalou que o pacto responde ao compromiso dos representantes das patronais e dos sindicatos co seu país e resaltou que o acordo é equilibrado porque, na súa xusta medida, pondera a protección dos traballadores coa súa reincorporación paulatina ás actividades económica e laboral, e ten en conta aos sectores que se atopan nunha situación máis delicada.
Díaz anunciou a creación dunha comisión tripartita, que se reunirá os mércores da segunda semana de cada mes, onde se definirán os sectores que van necesitar axuda despois do levantamento do estado de alarma. «Imos examinar sector por sector e veremos de maneira cautelosa cales son as axudas que necesitan», dixo.