21
- As máscaras inclúen os lemas “Construíndo igualdade” e “Contra as violencias” para cumprir un labor de sensibilización social
A Concellaría de Igualdade e Benestar de Carballo completou o reparto de máscaras homologadas e reutilizables entre toda a poboación escolar do concello.
Nos últimos dous meses foron distribuídas máis de 4.000 entre infantil, primaria, ESO e Bacharelato, grazas á colaboración de todos os centros, onde máis do 80% do alumnado é carballés.
Ademais, as máscaras repartidas levan os lemas “Construíndo igualdade” e “Contra as violencias” para sensibilizar desde a infancia a loita pola igualdade.