Os escolares non terán restricións ata 4º de Primaria


Os ministerios de Sanidade e Educación elaboraron un documento para que o próximo curso comece de forma segura, que inclúe, entre outras medidas, que entre os alumnos de ata 10 anos se establezan grupos estables que non necesiten gardar distancia de seguridade nin levar máscara. Para os alumnos que cursen a partir de quinto de primaria, o uso de máscara será obrigatorio cando non se poida manter unha distancia interpersoal de 1,5 metros pero non cando se estea sentado no pupitre. Priorizarase, na medida do posible, a utilización dos espazos ao aire libre para a realización das actividades educativas e de lecer, en lugar dos pechados. Saúde Pública será a encargada da identificación e seguimento dos contactos segundo o protocolo de vixilancia e control vixente na comunidade autónoma correspondente.