Os españois en Wuhan poderían saír en avións franceses ou británicos

La ministra de Hacienda y portavoz del Gobierno, María Jesús Montero

España estuda sacar canto antes aos seus cidadáns de Wuhan. E baralla facelo nos avións que París e Londres van fretar para sacar de alí aos seus nacionais. Trátase dunha vintena de españois, atrapados nunha cidade onde España non ten consulado. Falou diso a ministra de Facenda e ministra portavoz do Goberno, María Jesús Montero, tras o Consello de Ministros, este martes. _»En relación coa repatriación, hai unha estreita coordinación entre o Ministerio de Exteriores e concretamente o país que vostede fai mención, Francia, porque a repatriación vaise facer xustamente nos voos, nos dispositivos que vai despregar, por unha banda Francia ou, mesmo, tamén, poderían ser os dispositivos que xestione o Reino Unido».