Os espectáculos carballeses retransmitidos por streaming superaron as 20.000 visualizacións

Verano cultural Carballo

  • Toda a programación do mes de febreiro, incluído o Entroido, queda suspendida debido ás restricións vixentes

Manter unha actividade cultural variada, de calidade e adaptada á situación sanitaria existente en cada momento é unha prioridade para o Concello de Carballo. Durante toda a pandemia a Concellaría de Cultura programou varias actividades en formato presencial e virtual, lanzando datos moi positivos.

Os 19 espectáculos culturais ofrecidos no que vai de curso a través de YouTube e Facebook superaron as 20.000 visualizacións. No Top5 ocupa o posto máis alto a cabalgata de Reis, que foi todo un éxito, cun total de 5.534 espectadores. A continuación figuran o espectáculo “Leira”, de Nova Galega de Danza, con 2.453 visualizacións; o concerto de Nadal do Conservatorio Profesional de Música (CMUS), con 1.368; o espectáculo de danza “Directo 9”, de Pisando Ovos, con 1.298, e “Que morro”, de Caxoto, con 939.

Ademais, este “auditorio telemático” non ten fronteiras. Así, ao mesmo tempo que o público carballés gozaba co espectáculo “Sintempo” da compañía de danza Sara Cano no Pazo da Cultura ou dende a casa, tamén o facían espectadores de Talavera de la Reina, Santiago ou Madrid. Por non falar do público tan internacional que tivo o desfile de Reis, que foi seguido dende Suíza, Reino Unido, Francia, Burkina Faso, Alxeria, Senegal, Uruguai, Brasil ou Marrocos.

Nestes momentos, coas restricións derivadas da COVID-19 no nivel máximo, as opcións para organizar espectáculos ou actividades culturais presenciais son nulas. Os espectáculos, proxeccións, exposicións ou outras actividades previstas para estas semanas pospuxéronse e celebraranse nos vindeiros meses.

Entroido
O famoso Entroido de Carballo non poderá celebrarse este ano, pero desde a Concellaría de Cultura animan á veciñanza a que participe a través de fotografías ou vídeos de disfraces ou dos mellores momentos do Entroido durante os últimos anos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha