- A peza audiovisual do primeiro clasificado, Brais Ponte Paz, pasará ao certame nacional “Rodando por la Igualdad”
O Concello de Cambre deu a coñecer aos dous gañadores do seu concurso de vídeos na plataforma TikTok. O primeiro premio, dotado con 200 euros, foi para Brais Ponte Paz, que pasará directamente ao concurso nacional de “Rodando por la Igualdad”. O segundo premio, de 100 euros, recaeu en mans de Leticia Couto Maroño. Ambos os vídeos convidan ao público a deixar a un lado os estereotipos de xénero a favor da igualdade.
Ao redor do hashtag #Cambreporlaigualdad, os vídeos participantes no concurso acumularon máis de 8.000 visitas ao longo das últimas semanas. Con esta convocatoria, o Concello buscaba estimular a capacidade creativa da cidadanía e potenciar a reflexión e a concienciación pola igualdade de xénero.
O certame enmarcouse dentro da iniciativa nacional “Rodando pola igualdade”, á que se sumaron máis de 50 municipios ou rexións de toda a xeografía española para loitar xuntas pola igualdade de xénero.