Os expertos piden prudencia na desescalada tras a chegada da variante “Delta” do virus


Esta variante Delta é máis contaxiosa e ten menos eficacia cunha soa dose da vacina, polo que os expertos sanitarios piden prudencia e reclaman que se complete a pauta de vacinación canto antes. De momento, esta nova variante está freando a desescalada en Europa e xa está presente nas augas residuais da Coruña.

En Galicia, o primeiro caso detectouse fai unhas semanas nun barco en Vigo. Completar a pauta da vacina e controlar os viaxeiros que procedan dos países máis afectados axudará a controlala. Non se cre que vaia afectar aos plans de desescalada. Cabe lembrar que de momento, hai que seguir utilizando a mascarilla en interiores e tamén en exteriores sempre que non se poida manter a distancia de seguridade.

Unha das características definitorias da variante Delta é a transmisibilidade mellorada con aumentos estimados nun 40-60% por encima da variante Alfa, din os expertos, que engaden que, datos recentes de Escocia suxeriron que o risco de hospitalización duplicouse despois da infección con Delta (en comparación con Alfa), especialmente naqueles con cinco ou máis afeccións de saúde.