A Sociedade Española de Inmunoloxía insiste en que non nos podemos relaxar, debemos seguir mantendo as medidas de hixiene e de distancia social para evitar grandes rebrotes e ter que dar un paso atrás. Din que o cambio de fase e unha maior liberdade de movementos non pode traer un relaxamento nas medidas de seguridade, hixiene e distancia. Lémbrannos que hai persoas asintomáticas que poden contaxiar, e advirten que en toda epidemia pode haber rebrotes.